SEMANA DAS CIENCIAS 2022 “SOSTIBILIDADE E CAMBIO CLIMÁTICO”
Dende o ano 2016 o Concello de Ponteareas celebra a Semana das Ciencias que pretende concienciar sobre a importancia da ciencia na vida, a necesidade de investigar para acadar un estado de benestar en equilibrio co medio natural e achegar a ciencia á cidadanía.
Esta iniciativa da Concellaría de Ensino, que dirixe Cristina Fernández Davila, ten acadado o respaldo de todos os centros educativos do concello dende que no ano 2015 comezou a dar os seus primeiros pasos.
Na Semana das Ciencias de Ponteareas a ciencia e o alumnado dos centros educativos son os protagonistas e os responsables de facerlles chegar á veciñanza unha mensaxe: detrás de cada segundo da noso día a día está a ciencia, unha ciencia amiga que nos axuda a mellorar.
Dentro da Semana das Ciencias organízanse distintas actividades: o ciclo de conferencias a cargo de salientábeis científicos, a feira das ciencias, visitas didácticas guiadas, o Museo Ciencia en Movemento, o o congreso do alumnado, exposicións ou actividades nas prazas e rúas de Ponteareas. As propostas están ofertadas non só para alumnado e profesorado tamén para o resto da cidadanía, existindo algunhas específicas para cada sector de poboación.






























PROGRAMA E CARTEL SEMANA DAS CIENCIAS SOSTIBILIDADE E CAMBIO CLIMÁTICO