Para facermos un percorrido polas infografías e propostas educativas, seguiremos a Emma, unha nena moi curiosa e comprometida, que nos levará desde a importancia dos océanos ata a educación para a sustentabilidade con perspectiva de xénero, segundo os Obxectivos de Sustentabilidade da ONU contidos na Axenda 2030. Polo camiño, amosaranos os perigos que axexan aos …
exposición “O Mar das Mulleres”
O mar das mulleres: sustentable e produtivo é un proxecto que continúa a andaina emprendida por Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar, coa finalidade de avanzar un chanzo máis na consideración da importancia dos océanos para a vida na Terra, da súa sustentabilidade e do papel xogado polas mulleres na conservación destes a través dos oficios e das investigacións mariñas. Para facermos un percorrido polas infografías e propostas educativas, seguiremos a Emma, unha nena moi curiosa e comprometida, que nos levará desde a importancia dos océanos ata a educación para a sustentabilidade con perspectiva de xénero, segundo os Obxectivos de Sustentabilidade da ONU contidos na Axenda 2030. Polo camiño, amosaranos os perigos que axexan aos mares, axudaranos a saber máis sobre o marisqueo, a salga, a conserva e a elaboración e reparación de redes, oficios femininos centenarios, e tamén nos achegará a investigacións mariñas relevantes feitas por mulleres.